Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 25118

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Portomarín

ANUNCIO de información pública sobre proxecto de construcións e actividade de taller para pequenas reparacións do automóbil.

Jesús María Fernández Fernández solicitou a licenza de legalización de actividade de proxecto de construcións e actividade de taller para pequenas reparacións de chapa e pintura do automóbil, que vai ter lugar na rúa Deputación, 32, Portomarín, sometida a avaliación de incidencia ambiental, e neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir un período de información pública polo prazo de vinte días hábiles –mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia– que empezarán a contar desde o día seguinte ao da última inserción, para que quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade presente as observacións ou reclamacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Portomarín, 23 de marzo de 2012

Juan C. Serrano López
Alcalde