Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 25119

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Val do Dubra

ANUNCIO de información pública sobre a explotación de cento trinta cabezas de gando vacún leiteiro en Maxais (Coucieiro).

Joaquín Manuel Bouzas Alcalde, en representación de San Martín, S.C. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a explotación de 130 cabezas de gando vacún leiteiro en Maxais (Coucieiro). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este prazo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente na Secretaría-Intervención deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Val do Dubra, 1 de xuño de 2012

Ramón Camilo Varela Mariño
Alcalde