Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 25113

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de información pública sobre a contratación do servizo de control, mantemento e xestión do centro termal As Burgas.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Infraestruturas.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Infraestruturas.

2) Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4) Teléfono: 988 26 93 33.

5) Fax: 988 22 14 94.

6) Correo electrónico: infraestructuras@ourense.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: ref. 2213.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo especial.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de control, mantemento e xestión do centro termal As Burgas.

c) Lugar de execución/entrega: centro termal As Burgas.

d) Prazo de execución/entrega: dous (2) anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 79221000.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

– Oferta económica: 65 puntos.

– Programa de prestación do servizo: 20 puntos.

– Oferta económica prezo entrada ordinaria: 10 puntos.

– Actividades e servizos complementarios distintos aos recollidos no programa de xestión do servizo: 5 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 147.457,62 euros (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 25.423,73 euros. IVE: 4.576,27 euros. Importe total: 30.000,00 euros.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 4.915,25 euros.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económico-financeira: declaración apropiada de entidade financeira.

b) Solvencia técnica: relación dos principais traballos realizados nos últimos tres (3) anos sinalando importe, datas e destinatarios.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 12 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral.

2. Domicilio: praza Maior, número 1.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: dous (2) meses contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense; praza Maior, número 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 15 de xuño de 2012

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde