Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 25116

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de corrección de erros e contradicións nos pregos de prescricións técnicas e económico-administrativas aprobados para a redacción do proxecto de urbanización das obras de remodelación do ramal sur da estrada N-120, rolda termal.

Advertidos erros e contradicións nos pregos de prescricións técnicas e económico-administrativas aprobados para a redacción do proxecto de urbanización das obras de remodelación do ramal sur da estrada N-120, rolda termal, a Xunta de Goberno local, na sesión extraordinaria do 11 de xuño de 2012, acordou:

Corrixir os pregos de prescricións técnicas e económico-administrativas aprobados para a redacción do proxecto de urbanización das obras de remodelación do ramal sur da estrada N-120, rolda termal, no seguinte sentido:

1. O prazo máximo para executar este contrato é de tres meses contados desde a notificación da súa adxudicación (artigos 5 e 12 do prego de cláusulas económico-administrativas e 5 do de prescricións técnicas e demais que poidan resultar afectados).

2. A extensión máxima da memoria técnica non poderá exceder as 30 páxinas, A4, a espazo sinxelo, times new roman 12, excluídas portadas, índices e outros (artigos 12 e 16 do prego de cláusulas económico administrativas e demais que poidan resultar afectados).

3. Os traballos aboaranse á súa finalización, despois da súa recepción polo órgano de contratación: 80%. O 20% restante no momento da súa aprobación, sen prexuízo de ser remitidos ás diferentes administracións e de que os licitadores teñan que corrixir as deficiencias sinaladas por esas outras administracións (artigo 7 do prego de cláusulas económico-administrativas e 12 do de prescricións técnicas e demais que poidan resultar afectados).

Ao abeiro do TRLCSP, o prazo de presentación de ofertas comezará a computar desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio de corrección de erros no BOP, no perfil de contratante ou no DOG.

Ourense, 11 de xuño de 2012

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde