Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 24985

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (511/2012).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 511/2012 desta Sección, seguido por instancia de José Antonio Troncoso Oliveira, Pedro L. Abalde García, Herminio Carracedo González, Delfín Puíme Alonso, Rosa Mar Mouriño Rivas, José Otero Míguez, Jesús Ignacio Domínguez González, Óscar Soto Duarte, Herminia Gómez González, Higinio Rodríguez Rico, Rosa Rivas Couto, Antonio Alonso Domínguez, Francisco Rico Carballo, Carlos Seoane Osormo, Manuel Vázquez Vilar, Domingo Pino Val, José Ramón Coto Iglesias, Juan Carlos Brea Míguez, José Manuel García Prego, Bienvenido Rodríguez Pérez, Rogelio Fernández Fernández, contra a empresa Taguive, S.L., Fogasa, o Ministerio Fiscal, Industrias de Tableros Valga, S.A., Fibras de Madera, S.A., sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación do secretario xudicial Francisco Javier Gamero López-Peláez.

A Coruña, 29 de maio de 2012.

Únese o anterior escrito, presentado polo letrado Adolfo José López Fernández, en nome e representación de José Manuel García Prego, Jesús Ignacio Domínguez González, José Otero Míguez, Herminio Carracedo González, Rosa Mar Mouriño Rivas, Delfín Puíme Alonso e Pedro Luis Abalde García, ao recurso correspondente.

Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta Sala. Fáiselle saber que os autos están á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame, se o coida necesario, e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, a menos que xa o designase.

Requírase a recorrente para que achegue, no momento de interposición do recurso, certificación da sentenza que invoca, con expresión da súa firmeza.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte contra a cal se recorreu se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenza, ou cando se trate de emprazamentos.

E para que sirva de notificación a Fibras de Madera, S.A., cuxo domicilio se ignora na actualidade.

A Coruña, 29 de maio de 2012

O secretario xudicial