Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 24993

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (recurso de suplicación 5076/2008-GA).

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Sala do Social – Secretaría: M. Socorro Bazarra Varela.

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 5076/2008-GA.

Materia: outros dereitos laborais.

Recorrente: Beatriz Rodicio Rodríguez.

Recorridos: Ángel Rodríguez Rodríguez, Satnal Marketing, S.L., Alejandra Iglesias Moreno.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 1 de Ourense. Demanda 324/2008.

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación número 5076/2008-GA desta sección, seguido por instancia de Beatriz Rodicio Rodríguez contra Ángel Rodríguez Rodríguez, Satnal Marketing, S.L., e Alejandra Iglesias Moreno, sobre outros dereitos laborais, con data do 4 de xuño de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Beatriz Rodicio Rodríguez contra a Sentenza do 4 de xullo de 2008 ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ourense en autos seguidos por instancia da recorrente contra Satnal Marketing, S.L., Alejandra Iglesias Moreno e Ángel Rodríguez Rodríguez, a sala confírmaa na súa totalidade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito perante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para interpor recurso, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Satnal Marketing, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 4 de xuño de 2012

A secretaria xudicial