Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 25099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 5 de xuño de 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte denominado Laxe ou Curuxeiras, solicitados a favor dos veciños da CMVMC de Picoña, da parroquia de Picoña, concello de Salcela de Caselas, e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 16.4.2012, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Salceda de Caselas.

Parroquia: Picoña.

Nome do monte: Laxe ou Curuxeiras.

Cabida: 2.220 m2 (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: propiedade privada de Carlos Carballido Rodríguez.

Sur: Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Salceda.

Leste: paseo fluvial do río Caselas.

Oeste: Montes Veciñais en Man Común da parroquia de San Xurxo.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, para efectos de abrir un período dun mes de duración para que se poida examinar o expediente e aducir durante este tempo o que se estime procedente en relación cos montes de referencia, así como achegar cantas alegacións, documentos ou información estimen convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 5 de xuño de 2012

Lorena Peiteado Pérez
Instrutora