Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 25096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación dunha subministración sucesiva por prezos unitarios mediante acordo marco cun único empresario por cada lote que se licita, de diverso material de oficina, imprenta e consumibles informáticos para esta consellería (área de Traballo), polo procedemento aberto e tramitación ordinaria suxeito a regulación harmonizada (expediente 2012.08.SX.A.).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Vicesecretaría Xeral).

b) Obtención de documentación e información: na Consellería de Traballo e Benestar. Edificio Administrativo San Lázaro s/n. 15781 Santiago de Compostela, ou na web: www.contratosdegalicia.es

c) Teléfonos: 981 54 01 13/981 54 74 56. Fax: 981 54 01 18.

Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es

2. Obxecto do contrato: subministración sucesiva por prezos unitarios mediante acordo marco cun único empresario por cada lote que se licita, de diverso material de oficina, imprenta e consumibles informáticos para a Consellería de Traballo e Benestar (área de Traballo).

Lote 1: material de oficina.

Lote 2: material de imprenta.

Lote 3: consumibles informáticos.

3. Execución e prórroga do contrato: dous anos de execución e poderá ser prorrogado ata un período máximo de 2 anos máis.

4. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

5. Criterios de adxudicación: ver cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

6. Orzamento base de licitación: 697.095,52 €, máis 125.477,19 € (IVE).Total: 822.572,71 €.

Lote 1: 217.295,34 € (IVE engadido).

Lote 2: 145.994,32 € (IVE engadido).

Lote 3: 459.283,05 € (IVE engadido).

7. Valor estimado do contrato: 1.394.191,04 €.

8. Garantías exixidas: definitiva 5% do importe do contrato que se vaia adxudicar, de cada lote do que resulte adxudicatario en calquera modalidade das establecidas no artigo 96.1 e 2 do TRLCSP.

9. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver cláusula 5.3.1. f) e g) do PCAP.

10. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o día 16.7.2012, ás 14.00 horas.

b) Lugar de presentación: no Rexistro Único da Xunta de Galicia, nas oficinas situadas nos edificios administrativos San Lázaro ou San Caetano, Consellería de Traballo e Benestar, en Santiago de Compostela 15781. Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Documentación que se debe presentar: a sinalada no PCAP.

11. Apertura de ofertas: a apertura do sobre número 2 terá lugar na Sala de Xuntas da consellería situada no Edifico Administrativo de San Lázaro, s/n en Santiago de Compostela o día 26 de xullo de 2012, ás 10.00 horas.

Anunciarase no perfil do contratante e comunicaránselles aos licitadores a convocatoria da mesa pública para a apertura do sobre número 3.

12. Gastos de publicidade. Custo do Diario Oficial de la Unión Europea: gratuíto. Custo do BOE: taxa/liña de título: 13,82 €. Taxa/liña de texto: 15,35 €. Custo do DOG: 5,42 € por liña publicada no DOG.

13. Data do envío do anuncio á Diario Oficial de la Unión Europea: o día 6.6.2012.

14. Información adicional: o 14 de xuño de 2012 publicaronse no perfil do contratante PCAP e PPTP con correccións materiais referidas a determinados produtos do lote 1. A realización destas correccións non afectan ao prazo de presentación de ofertas.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2012

Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar