Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 25042

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2012/32-2, 8001 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Construccións Vilamiño, S.A.

Domicilio social: estrada da Coruña, 132, 27080 Lugo.

Denominación: C.T. para alimentación de edificio de 172 vivendas.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas: C.T. en edificio non prefabricado situado no baixo dun edificio na avda. Paulo Fabio Máximo-avda. da Coruña cunha potencia proxectada de 630 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 9 de maio de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo