Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 25090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 30 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012059TA-LU por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 10 de maio de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2012059TA-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a María Dignoni Castañeda Zapata.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e ao abeiro do disposto número 5 do referido artigo, notifícaselle a María Dignoni Castañeda Zapata o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo 9, Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Apercíbeselle tamén de que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 30 de maio de 2012

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2012059TA-LU.

Denunciada: María Dignoni Castañeda Zapata.

NIE: X5561757N.

Último enderezo coñecido: r/ Río Lor, nº 23-3º dta., 27004 Lugo (Lugo).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 7.u) e 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: trinta euros (30 €).