Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 25088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 29 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2010150PRO por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 12 de marzo de 2012, a conselleira de Sanidade ditou resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2010150PRO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a José Antonio Boquete Raña, Hostal Max, S.L. Casablanca.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a José Antonio Boquete Raña, Hostal Max, S.L. Casablanca, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias dos servizos centrais, na Secretaría Xeral (Servizo Técnico-Xurídico), situada no terceiro andar do edificio administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de quince (15) días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, ou en Caixanova, Recadación Xunta, modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2012

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2010150PRO.

Denunciado: José Antonio Boquete Raña, Hostal Max, S.L. Casablanca.

DNI/CIF: J70247143.

Último enderezo coñecido: avda. da Coruña, 4-baixo, Meicende, Arteixo.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 42 da Lei 8/2008; artigos 3.6.d), 19.3.q) e 20.1 da Lei 28/2005.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: seiscentos un euros (601 €).