A Xunta de Goberno local, na sesión que tivo lugar o día 7 de xuño de 2012, adoptou o seguinte acordo:
1. Tomar coñecemento da sinatura, con data do 11 de maio de 2012, do convenio urbanístico para a substitución por metálico do aproveitamento municipal no proxecto de equidistribución da AE-1 do PERI do Vieiro.
2. En aplicación do procedemento regulado polo artigo 237 da LOUG, someter a información pública, por un período de vinte días, o citado convenio urbanístico, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia.
De conformidade coa regulación contida no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o citado convenio sométese a información pública, polo prazo de vinte días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular as alegacións que xulguen oportunas.
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2012
Ángel Currás Fernández
Alcalde