Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24693

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 14 de xuño de 2012 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 23 de decembro de 2011 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais do período 2007-2013, e se convocan as cofinanciadas polo Feader para o exercicio orzamentario de 2012.

A Orde do 23 de decembro de 2011 (publicada no DOG do 29 de decembro) modifica as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais do período 2007-2013, e convoca as cofinanciadas polo Feader para o exercicio orzamentario de 2012.

No seu artigo 8. Financiamento, relativo ao financiamento destas axudas, detállanse as aplicacións orzamentarias e o importe económico previsto para elas, así como a posibilidade de incrementar as cantidades fixadas anteriormente con remanentes adicionais, tal como permite o artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Á vista do elevado número de solicitudes e do investimento presentado, considérase necesario ampliar a dotación orzamentaria inicialmente consignada.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3º do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único

Amplíase a dotación orzamentaria que se establece na Orde do 23 de decembro de 2011 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais do período 2007-2013, e se convocan as cofinanciadas polo Feader para o exercicio orzamentario de 2012, nos seguintes importes e nas aplicacións dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2012:

Partida orzamentaria

Código de proxecto

Importe (€)

16.20.741A-770.0

200700448

3.385.902

16.20.741A-770.0

201100798

41.277

16.20.741A-770.0

201200732

410.667

16.20.741A-770.0

201100769

386.861

16.20.713D-770.0

201100767

409.570

Disposición adicional única

Esta ampliación orzamentaria non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na devandita Orde do 23 de decembro de 2011.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2012

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar