Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24711

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 1 de xuño de 2012 pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, anunciada pola Orde do 19 de abril de 2012.

Por Orde do 19 de abril de 2012, publicada no Diario Oficial de Galicia número 85, do 4 de maio, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo vacantes na Consellería de Facenda que se detallan no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 19 de abril de 2012, e designar os/as funcionarios/as, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar os postos que tamén se especifican.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde preste servizos actualmente a persoa, ou dun mes se radica en distinta localidade ou comporta o reingreso ao servizo activo, de conformidade co disposto no referido precepto e a base sétima da convocatoria.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedan á persoa; no caso de incapacidade temporal, a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o funcionario ou funcionaria, así como a daquel en que acada o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, a seguir, realizaranse os trámites para a súa alta na nómina.

Da dilixencia efectuada remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2012

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Datos da funcionaria:

Nome e apelidos: María Teresa Hermo Mato.

Número de rexistro de persoal: 7696743235 A207F.

Corpo ou escala: corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, especialidade técnica de contabilidade e intervención.

Subgrupo: A2.

Datos do posto de traballo:

Denominación: xefatura do Servizo de Análise e Coordinación.

Nivel: 28.

Código: FCC030000515770007.

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Localidade: Santiago de Compostela.

Datos do funcionario:

Nome e apelidos: Luis Río Mosquera.

Número de rexistro de persoal: 3278099968 A207F.

Corpo ou escala: corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, especialidade técnica de contabilidade e intervención.

Subgrupo: A2.

Datos do posto de traballo:

Denominación: xefatura do Servizo de Auditoría do FSE.

Nivel: 28.

Código: FCC030000315770015.

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Localidade: Santiago de Compostela.