Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2012 Páx. 24604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de xuño de 2012, da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario número 85/2012 no expediente sancionador número 107C 2011/55-0, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 1 de Ferrol, en relación co procedemento ordinario núm. 85/2012, interposto por Ramiro Ardao Cao, contra a resolución ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade no expediente sancionador núm. 107C 2011/55-0, pola que se acorda impoñer unha sanción por infracción urbanística moi grave, en calidade de promotor das obras e propietario dos terreos, no lugar de Castiñeira-Outeiro, parroquia de San Pedro de Cervás, concello de Ares, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol.

Polo exposto, mediante a presente resolución emprázase a Israel Díaz Edreira para que poida comparecer como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2012

José Mª Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística