Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2012 Páx. 24599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 29 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificación de acordo de procedencia de reintegro de axudas para a contratación por conta allea para favorecer a inserción de mozos e mozas menores de 30 anos, reguladas na Orde do 25 de marzo de 2006 (Diario Oficial de Galicia número 64, do 31 de marzo) relativa ao expediente TR347D 2006/27-1.

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle a interesada o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para poder realizar as alegacións e presentar documentación que estime oportuna, entre a cal debe constar unha relación da variación de altas e baixas do persoal adscrito, no prazo de quince días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.

Á vista das alegacións e da documentación achegada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que lle corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9-1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 29 de maio de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR347D 2006/27-1.

Nome ou razón social: Areahipotecaria, S.L.

DNI/NIF: B70029178.

Último enderezo coñecido: avda. Fernández Latorre, 5-9 1º, ofic. 5, 15006 A Coruña.

Tipo de axuda: contratación por conta allea para favorecer a inserción de mozos e mozas menores de 30 anos.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.