Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2012 Páx. 24585

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2012/128-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: José Piñeiro González e Hijos, S.L.

Domicilio social: Bº A Cavadiña nº 5, Mosende, 36413 O Porriño.

Denominación: modificación planta de coxeración en Mosende.

Situación: O Porriño.

Características técnicas: modificación da planta de coxeración eléctrica situada na Cavadiña nº 5, Mosende, Concello do Porriño, consistente no cambio dos catro grupos moto-xeradores alimentados a diésel por equipamentos alimentados con gas natural, modificando as instalacións existentes para adaptación aos novos equipamentos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta Xefatura Territorial, Edificio Administrativo avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 11 de xuño de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra