Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2012 Páx. 24584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade ás renovacións das autorizacións ambientais integradas.

De conformidade coa Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), artigo 23, punto 3, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as cales se outorgaron ou modificaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG ás renovacións das autorizacións ambientais integradas concedidas ás granxas que se relacionan no anexo seguinte e que se poden consultar na seguinte URL: http://www.cmati.xunta.es/portal/cidadan/lang/gl/pid/2819 ou ben nas dependencias da citada secretaría xeral, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

– Resolución do 16 de maio de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Cooperativa Agroganadera de Seoane, S.C.G. para unha granxa de polos de engorda no concello de Cualedro, Ourense (nº rexistro AAI 2007/0053_NAA/IPPC_153; clave expediente renovación 2011-IPPC-M-42).

– Resolución do 16 de maio de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Aviporto, S.L. para unha granxa de polos de engorda no concello de Portomarín, Lugo (nº rexistro AAI 2004/0071_AIA/IPPC_022; clave expediente renovación 2011-IPPC-M-51).