Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24251

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboada

ANUNCIO de información pública sobre licenza municipal para un proxecto de construción dunha fosa de xurro.

José Antonio Rojo Vázquez solicita desta Alcaldía licenza municipal para proxecto de construción dunha fosa de xurro para ampliación da explotación de gando vacún de leite existente, situada en Millán-Couto. Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese á información pública polo período de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Taboada, 9 de abril de 2012

Ramiro Moure Ansoar
Alcalde