Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24250

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de información pública sobre a apertura dunha instalación de depuración de augas residuais industriais.

Indipunt, S.L., solicitou da Alcaldía licenza municipal para a apertura dunha instalación de depuración de augas residuais industriais na parcela 2 do Plan sectorial de incidencia supramunicipal do polígono Río do Pozo. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións ou reclamacións que xulguen oportunas no Departamento de Urbanismo deste concello.

Narón, 4 de maio de 2012

Alfonso de Prado Fernández-Canteli
Secretario xeral