Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 1 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se require para a corrección das carencias no Rexistro de entidades con servizos de asesoramento ou xestión de Galicia (Resaxega).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o requirimento de corrección de carencias detectadas no Rexistro de entidades con servizos de asesoramento ou xestión de Galicia (Decreto 235/2007, do 29 de novembro, polo que se regulan os servizos de asesoramento e de xestión das explotacións agrarias).

As persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado requirimento e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización.

Concédeselles ás persoas interesadas un prazo de dez días hábiles a partir da data de notificación deste requirimento para emendaren as carencias detectadas no Resaxega.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2012

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Código inscrición Resaxega: EA_08_023.

Interesada: asociación de agricultores A Carosa.

Acto de notificación: requirimento corrección carencias detectadas Rexasega.

Último enderezo coñecido: Casa do Concello s/n, 32765 A Teixeira, Pontevedra.

Código inscrición Resaxega: EA_08_001.

Interesada: Estudio Agrícola Cosmi, S.L.

Acto de notificación: requirimento corrección carencias detectadas Rexasega.

Último enderezo coñecido: rúa República Argentina, número 2, 15680 Ordes, A Coruña.

Código inscrición Resaxega: EA_08_010.

Interesada: ASAJA Lugo.

Acto de notificación: requirimento corrección carencias detectadas Rexasega.

Último enderezo coñecido: rúa Marqués de Ombreiro, número 116, baixo, 27004 Lugo.