Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2012 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e suxeito a regulación harmonizada, con tramitación urxente, do servizo de salvamento marítimo de Galicia, prestado mediante helicópteros, que se transfiren da Administración ao contratista (expediente 16/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato mixto de servizos-patrimoniais.

b) Descrición do obxecto: servizo de salvamento marítimo de Galicia, prestado mediante helicópteros, que se transfiren da Administración ao contratista.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de execución/entrega: o que se especifique no prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: cinco (5) anos.

f) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 30.758.797,00 € (exento IVE).

Valor estimado: 45.104.067 € (exento IVE).

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): grupo R, subgrupo 6, categoría d.

b) Solvencia económica e financeira, solvencia técnica e profesional: para os licitadores non españois dos Estados membros da Unión Europea, segundo as epígrafes F e G do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do importe de adxudicación.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, nº 5, 2º andar. 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 29 (consultas administrativas) 981 95 70 47 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17550

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 6 de xullo de 2012.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela 15781). Poderán envialo por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único, conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. A presentación das proposicións en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar; Edificio Administrativo nº 5, segundo andar (edificio dos espellos) San Caetano.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas:

A apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, o día 19 de xullo de 2012.

Hora: ás 12.00 horas.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 28 de maio de 2012.

13. Outras informacións: o contratista estará obrigado á adquisición de dous helicópteros segundo o prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2012

P.D. (Orde 30.3.2012, DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar