Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 28 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha notificación de acordo de inicio do procedemento de reintegro de axudas para a contratación indefinida inicial de colectivos de persoas desempregadas con maiores dificultades de inserción, reguladas na Orde do 22 de marzo de 2006 (Diario Oficial de Galicia número 64, do 31 de marzo) relativa ao expediente TR345E 2006/188-1.

Intentada a notificación da dita resolución segundo o disposto nos artigos 59.5.º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para que poida realizar as alegacións e presentar a documentación que considere oportuna, entre a que debe constar unha relación da variación de altas e baixas do persoal adscrito, no prazo de quince días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.

Á vista das alegacións e da documentación achegada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que lle corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 28 de maio de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: TR345E 2006/188-1.

Nome ou razón social: Centro Photon Los Rosales, S.L.N.E.

DNI/NIF: B70052105.

Último enderezo coñecido: Ramón y Cajal, 3 baixo. 15006 A Coruña.

Tipo de axuda: contratación indefinida inicial de colectivos de persoas desempregadas con maiores dificultades de inserción.

Contido da resolución: inicio do expediente declarativo da procedencia de reintegro.