Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 25 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicos varios inicios de procedemento de reintegro de axuda ao programa para a promoción do emprego autónomo, regulado na Orde do 21 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 28 de abril), relativos ao expediente TR341D2008/180-2 e dous máis.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

De conformidade co previsto no artigo 38.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta xefatura territorial.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 25 de maio de 2012

Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2008/180-2.

Nome: Cristina Núñez Iglesias.

DNI/NIF: 33553456K.

Último enderezo coñecido: avda. da Coruña, 177, 2º D, 27003 Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo16, letra a), da Orde do 21 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR341D 2008/983-2.

Nome: Mª José Cruz Lombao.

DNI/NIF: 33855579Q.

Último enderezo coñecido: rolda das Fontiñas, 190, 2º C, 27002 Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 16, letra a), da Orde do 21 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR341D 2008/1110-2.

Nome: Judit de Miguel Gutiérrez.

DNI/NIF: 47161368Y.

Último enderezo coñecido: rúa das Lousas, 18, 1º B, 27003 Lugo.