Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 15 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete ao trámite de información pública o expediente para a creación do couto de pesca de Vimianzo, nos ríos Grande e Cambeda.

O Servizo Provincial de Conservación da Natureza da Coruña iniciou o expediente para a creación do couto de pesca de Vimianzo coas seguintes características:

Ríos: Grande e Cambeda.

Concello afectado: Vimianzo.

– Tramo I (río Cambeda).

Límite superior: ponte da estrada AC-432 (A Ponterroda).

Límite inferior: confluencia co río Grande.

Lonxitude total do tramo: 2,42 km.

Categoría: 3ª troita.

Nº de permisos: 4 en laborables, sábados, domingos e festivos.

Cotas, tamaño e temporada: 6 troitas por pescador e día. Tamaño 19 cm. Temporada: a establecida na orde anual de pesca.

– Tramo II (río Grande).

Límite superior: minicentral de Gaioso.

Límite inferior: presa da Furaqueira.

Lonxitude total do tramo: 4,23 km.

Categoría: sen morte.

Nº de permisos: 6 en laborables; 8 sábados, domingos e festivos.

Temporada: a establecida na orde de vedas para a pesca sen morte.

O que se fai público para xeral coñecemento, e sinálase o prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para que as entidades e persoas que se consideren afectadas poidan examinar o procedemento nas oficinas desta xefatura (Servizo Provincial de Conservación da Natureza), edificio administrativo Monelos, r/ Vicente Ferrer, 2, 5ª planta, A Coruña, e informarse sobre as características da creación do couto de pesca e presentar durante o mesmo prazo as alegacións que poidan considerar convenientes ao respecto, de conformidade o previsto no artigo 15 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG número 106, do 4 de xuño de 1997).

A Coruña, 11 de maio de 2012

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña