Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24027

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 95/2012, interposto pola Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSI-F) e outros.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 95/2012, interposto pola Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSI-F), Esperanza María Caamaño Pedrosa, María del Mar Castro Manzanares, María de la Luz Crespo Freire e Pilar Noya Liste, contra a Resolución do 16 de decembro de 2011 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de decembro, que aproba a relación de postos de traballo do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, e da Lei 17/1989, do 23 de outubro, da Consellería de Sanidade e do Sergas, agás os servizos veterinarios de saúde pública (DOG nº 247, do 28 de decembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública