Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24123

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 30 de maio de 2012, da Xefatura do Servizo de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador número PO-S-1/2012 por infracción administrativa en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que se cita a continuación o acordo de incoación ditado pola Xefatura do Servizo de Turismo de Pontevedra, do expediente sancionador en materia de turismo número PO-S-1/2012 por infracción administrativa da Lei 14/2008, do 3 de decembro, do turismo de Galicia, modificada pola Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos do mercado interior, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar.

Advírteselle ao titular do establecemento denunciado que, de conformidade co artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, para o caso de non efectuar alegacións no prazo de quince días, e tendo en conta que o devandito acordo contén un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade que se lle imputa, poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: PO-S-1/2012.

Titular sancionada: Esperanza Morrazo Parada.

Establecemento: café bar Breca.

Enderezo: avda. de Ourense, 87.

Concello: Marín.

Data de incoación: 14 de marzo de 2012.

Feitos imputados: non dispoñer materialmente dos documentos exixidos pola normativa turística para o exercicio das actividades, así como non observar na devandita documentación as condicións exixidas e incumprir o deber de exhibir os distintivos, os carteis, a lista de prezos e a documentación exixida pola normativa turística, así como exhibilos sen as formalidades requiridas.

Preceptos infrinxidos: artigo 69.a), números 1 e 2, da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia.

Sanción proposta: 600 euros, sen prexuízo do que poida resultar da fase instrutora.

Pontevedra, 30 de maio de 2012

Mª Ángeles Herrero Pérez
Xefa do Servizo de Turismo de Pontevedra