Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 24010

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de información pública sobre actividade de oficinas, almacén e venda de produtos agroalimentarios e farmacéuticos no polígono industrial deste concello.

Emilio Rial Pais, representando a entidade Sumicor, S.A., solicitou neste concello licenza municipal de apertura para a actividade de oficinas, almacén e venda de produtos agroalimentarios e farmacéuticos, situado na nave s/n da rúa Ricardo Martín Esperanza no polígono industrial deste concello, e de conformidade co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que durante o prazo de exposición ao público, que empezará a contar desde a última publicación, se poida examinar o expediente na Secretaría deste concello, en horario de oficina.

San Cibrao das Viñas, 18 de maio de 2012

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde