Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 24011

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012 pola que que se fai pública a formalización do contrato para a subministración sucesiva de bolsas para extracción de sangue, reactivos, consumibles e equipamento asociado para a realización automatizada da filtración e do almacenamento de plaquetas de pool de buffy coat e de sistemas de fraccionamento automático para a preparación de compoñentes sanguíneos desta fundación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-FCT1-11-003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva de bolsas para extracción de sangue, reactivos, consumibles e equipamento asociado para a realización automatizada da filtración e almacenamento de plaquetas de pool de buffy coat e de sistemas de fraccionamento automático para a preparación de compoñentes sanguíneos da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

c) Lotes: 4.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33141000-0.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG: 10.10.2011, BOE: 18.10.2011 e DOUE 8.10.2011.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 2.833.827 € (IVE non incluído).

5. Orzamento base de licitación: 1.889.218 € (IVE non incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 17 de abril de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 15 de maio de 2012.

c) Contratista: lote nº 1: Maco Spania, S.L., lote nº 2: Maco Spania, S.L., lote nº 3: Terumobct Europe, N.V. e lote nº 4: Menarini Diagnósticos, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación (IVE non incluído): lote 1: 541.440 €, lote 2: 552.900 €. Lote 3: 402.500 €, lote 4: 96.000 €.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2012

María Inmaculada Rodríguez Calvo
Directora técnica da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia