En virtude do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de febreiro de 2012, aprobouse definitivamente o Plan Sectorial de Ordenación Territorial do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar. Este plan sectorial desenvólvese a través de varios proxectos sectoriais, entre eles o proxecto sectorial da área de usos recreativos PS-5 do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar na ETEA.
En cumprimento do disposto no artigo 25 de Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no artigo 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese á información pública, polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:
– Proxecto sectorial da área de usos recreativos PS-5 do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar na ETEA, Vigo.
Durante o prazo indicado, calquera persoa poderá examinar a referida documentación, en horario de oficina, nas dependencias da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio ambiente Territorio e Infraestruturas, sita no edificio administrativo de San Caetano s/n, en Santiago de Compostela; na Xefatura Territorial de Pontevedra, sita na rúa Fernández Ladreda nº 43-1ª planta, en Pontevedra; e no Concello de Vigo, e presentar ante esta consellería as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes.
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2012
María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo