Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 23995

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 31 de maio de 2012, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifican as resolucións de contratos por falta de pagamento e lanzamentos das vivendas aos debedores que a continuación se relacionan (expediente c-136-cd/63, conta 106 e cinco máis).

En cumprimento do disposto nos artigos 58, 59 e 96.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao abeiro do artigo 30.1 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles aos interesados (cos datos e último domicilio coñecido, identificados polo nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan as resolucións dos contratos por falta de pagamento, con recibos pendentes que ascenden ás cantidades que se sinalan, e indícaselles que, concedida a preceptiva autorización xudicial de entrada no domicilio, se procederá ao lanzamento da vivenda por funcionario nomeado para o efecto e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselles aos interesados que, conforme o establecido no Regulamento de VPO, poderán evitar o lanzamento abonando o total da débeda, así como as cotas da comunidade que tivesen pendentes, no prazo de quince días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

Conforme o previsto nos artigos 610 do CC e 703.1 da LAC, consideraranse bens abandonados todos aqueles mobles e aparellos que, no momento do lanzamento, non fosen retirados.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse perante o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa recepción.

E para que así conste, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 31 de maio de 2012

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Herdeiros de Ramona Díaz Moure.

Expte. C-136-CD/63 (F.P. 30/11).

Conta: 106.

R/ Rosas, bloque 3, P-3, baixo D (A Coruña).

Importe da débeda: 149,16 €.

Herdeiros de María Rey Catoira.

Expte. C-136-CD/63 (F.P. 35/11).

Conta: 156.

R/ Rosas, bloque 3, P-7, 1º D (A Coruña).

Importe da débeda: 82,68 €.

Manuela Rodríguez Vázquez e herdeiros.

Expte. C-136-CD/63 (F.P. 37/11).

Conta: 330.

R/ Hortensias, bloque 11, P-2, 4º D (A Coruña).

Importe da débeda: 168,54 €.

Palmira Lagares Galán e herdeiros.

Expte. C-136-CD/63 (F.P. 39/11).

Conta: 745.

R/ Petunias, 4, bloque 27, P-1, 6º A (A Coruña).

Importe da débeda: 97,68 €.

Mª Luisa Ramos Novoa, Vicente Yepes Vargas e herdeiros.

Expte. C-136-CD/63 (F.P. 41/11).

Conta: 755.

R/ Petunias, 4, bloque 27, 8º C (A Coruña).

Importe da débeda: 511 €.

Herdeiros de Juan Alonso Dopico.

Expte. C-136-CD/63 (F.P. 44/11).

Conta: 805.

R/ Petunias, 2, bloque 28, P-1, 10º A (A Coruña).

Importe da débeda: 110,49 €.