Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 23765

I. Disposicións xerais

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Decreto 129/2012, do 31 de maio, polo que se regula o réxime aplicable a persoal das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico de Galicia que sexan obxecto de creación, adaptación ou extinción.

Advertido erro no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 112, do mércores, 13 de xuño de 2012, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 23006, no artigo 7, onde di: «O persoal laboral fixo das entidades instrumentais incluídas no presente capítulo rexerase polas seguintes disposicións:», debe dicir: «O persoal das entidades instrumentais incluídas no presente capítulo rexerase polas seguintes disposicións:».

Na páxina 23006, no artigo 7, letra b), onde di: «..., de acordo co artigo 55.3 da LOFAXGA e coa súa disposición transitoria sexta...», debe dicir: «..., de acordo co artigo 55.2 da LOFAXGA e coa súa disposición transitoria sexta...».