Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23746

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boqueixón

ANUNCIO de información pública dunha explotación de gando vacún leiteiro.

Manuel Caneda Raviña, en representación de SAT Candesa, solicitou licenza de actividade para a instalación dunha explotación de 115 cabezas de gando vacún leiteiro, no lugar de Albela de Arriba, da concentración parcelaria de Lamas-Vigo (expediente 12/1397).

De conformidade co establecido no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Durante este tempo as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poden examinar o expediente no departamento de urbanismo deste Concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

Boqueixón, 24 de maio de 2012

Jesús Sanjuás Mera
Alcalde en funcións