Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23745

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de información pública sobre actividade de local de comida para levar.

José Daniel González Villanueva solicita nesta alcaldía licenza municipal para instalar a actividade dun local de comida para levar que se situará na rúa do Agrelo, 6, baixo 1, Bertamiráns.

Para cumprir co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008 (DOG do 12 de xuño), polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de 20 días hábiles que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia, así como no Diario Oficial de Galicia.

Durante este tempo as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poderán examinar o expediente no departamento de Urbanismo deste concello, sito na rúa Alcalde Lorenzo, 2, Bertamiráns, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Ames, 16 de maio de 2012

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde