Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 25 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican requirimentos de documentación incompleta en relación con procedementos competencia desta consellería.

En virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), parcialmente modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e no uso da competencia atribuída a esta Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña, intentada a notificación no último domicilio dos interesados, sen que esta se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que, no prazo de 10 días contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (Salvador de Madariaga, 9, 1º andar), para ter coñecemento do contido daquela, advertíndolles que, de non facerse así, teranse por notificadas cos efectos que correspondan.

A Coruña, 25 de maio de 2012

Luis Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

DNI/NIE/pasaporte

Nº expediente

César Augusto Tavara Rosales

Y0185269-H

15/030/1102/11-R

María Irene Rodríguez Dopico

32713398-S

15/036/0133/10-R

Concepción A. González Vidal

32617736-X

15/036/0098/09-R

Nuria del Río Bustelo

32713012-C

15/035/0008/07-R

Mercedes Villar Blanco

33264863-D

15/078/0095/11-R