Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 25 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica unha resolución de recurso de alzada xestionada nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día, coa resolución ditada no procedemento instado pola interesada, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, o contido da resolución, contra o que se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a xurisdición competente no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte á data desta publicación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No prazo dun mes e de acordo co referido no artigo 61 da antedita Lei 30/1992, poderá comparecer persoalmente ou debidamente representada, na Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña (Salvador de Madariaga, 9, 1º andar), para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

A Coruña, 25 de maio de 2012

Luis Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

DNI/NIE/pas.

Nº expediente

Resolución

Concello

Paula Lestón Fernández

32708378-D

15/036/0002/11

Recurso desestimado

Ferrol