Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de maio de 2012 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/68/2012, devolto polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística III acordou, o 20 de abril de 2012, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/68/2012 polas actividades realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes en naves destinadas á fabricación e ao almacenamento de cadaleitos, almacenamento e exposición de mobles e almacenamento de ferralla, no lugar de Portoprado, no termo municipal de Carballeda de Avia.

Ao non se poder realizar a notificación persoal daquel acordo a Hermanos Álvarez Vidal, S.L., mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que se pretenda valer.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2012

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 8 de marzo; DOG nº 59, do 27 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística