Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23381

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1083/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1083/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Granja Lamas contra a empresa Vox Bahía, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por Antonio Granja Lamas contra Vox Bahía, S.L., e en consecuencia condeno á demandada a aboar ao demandante 5.949,86 euros, máis os xuros do artigo 29.3 do ET, aplicados sobre a devandita cantidade. Absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos supostos previstos no artigo 33 do ET.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva como notificación á demandada Vox Bahía, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2012

A secretaria xudicial