Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23182

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 21/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento de L.M.T.S. afectadas en nova rotonda na avda. do Camiño Francés.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Variantes de 5 liñas de media tensión subterráneas San Caetano-San Lázaro, SCY-807 (liña cero Ponteseca), SCY-811 (Fontiñas 5-Ponteseca), SCY-832 (Lavacolla-Monte do Gozo), SCY-803 (San Lázaro-Multiusos) e SCY-825 (Muíña-Lavacolla), a 20 kV, cunha lonxitude de 5 x 0,026 km, coa orixe na L.M.T.S. San Caetano-San Lázaro (expte.: 3/95), na marxe dereita da avda. do Camiño Francés, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1x240Al), e final nas mesmas liñas unha vez realizada a variante prevista na nova rotonda. Concello de Santiago de Compostela.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 16 de maio de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña