Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23022

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 5 de xaneiro de 2012 pola que se convocan para o ano 2012 as axudas e subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2012, a través da Resolución do 5 de xaneiro de 2012 (DOG núm. 17, do 25 de xaneiro), axudas e subvencións destinadas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes, cofinanciadas polo FSE, que se desenvolverán a través dos seguintes tipos de programas:

a) Mantemento de centros de atención especializada a mulleres (centros de acollida, centros de día) en que se ofrece asistencia básica (aloxamento, manutención) e programas de apoio ás mulleres en situación de exclusión especial.

b) Recursos integrais específicos para mulleres xestantes e/ou lactantes con fillos e/ou fillas menores de tres anos que conteñan actuacións dos tipos que se indican e semellantes:

– De información sobre recursos existentes para elas e os seus fillos e fillas.

– De acompañamento social con medidas de apoio psicolóxico para superación de cargas emocionais provocadas pola situación de embarazo ou maternidade.

– De orientación, asesoramento e busca de emprego.

– De adquisición de competencias persoais e sociais adaptadas para a inserción laboral e para afrontar a nova situación persoal.

– De medidas de apoio urxente.

c) Recursos integrais de axuda para mulleres en situación de risco ou en proceso de exclusión social (reclusas, ex-reclusas, drogodependentes).

d) Recursos integrais de apoio a mulleres en situación de especial protección (anciás soas, mulleres con discapacidade, inmigrantes, pertencentes a minorías étnicas)

e) Recursos integrais de apoio e acompañamento dirixidos a vítimas de violencia de xénero.

f) Aqueloutros que se definan para mulleres en situación de especial discriminación ou desigualdade susceptibles de inclusión no ámbito da convocatoria.

A partida orzamentaria con cargo á que se financian estas axudas ten un cofinanciamento do 80% do FSE no programa operativo FSE-Galicia 2007-2013, no eixo 2, tema prioritario 71.

O artigo 4.1 da convocatoria establece que as entidades presentarán unha solicitude axustada ao modelo normalizado acompañada dos documentos que se especifican no artigo 5 das bases reguladoras, publicadas mediante a Resolución do 10 de maio de 2011 da Secretaría Xeral da Igualdade (DOG núm. 96, do 19 de maio).

O artigo 5 das bases reguladoras indica que as solicitudes se presentarán nun único exemplar na forma e prazos indicados na convocatoria. Establece a documentación que integra as solicitudes, e, indica tamén, no número 4, a obriga do emprego dos formularios no seu formato orixinal e demais especificacións a que deben aterse para a adecuada presentación das solicitudes.

A Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade, órgano encargado da instrución dos procedementos, revisou as solicitudes presentadas ao abeiro da dita resolución e identificou as que se presentaron en prazo, sen erros e dispoñen da documentación preceptiva, así como aquelas que non reúnen a documentación necesaria, por non tela presentado, por conter erros, por non empregar os modelos normalizados ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 7 das bases reguladoras establece, de conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se a solicitude non reúne algún dos requisitos establecidos nas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, o órgano instrutor requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixesen, teranse por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución.

Así mesmo, indica que por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido nos artigos 59, 60 e 61 da indicada Lei 30/1992, os citados requirimentos de emenda poderanse facer ben a través de notificación individualizada, ou ben mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada, e tamén se publicitarán na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación xúntase como anexo desta resolución, con especificación dos documentos preceptivos requiridos a cada solicitude.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes relacionadas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade, preferentemente a través da conta de correo promocion.igualdade@xunta.es ou ben por calquera dos medios dispostos no artigo 7 da resolución de convocatoria.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2012

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Relación de solicitudes suxeitas a emenda de documentación do procedemento SI427A

Número expediente

Entidade solicitante

NIF

Documentos requiridos

1

SI427A 2012/000001-0

Asoc. Rede Mulleres Veciñais Contra Malos Tratos

G36928646

Anexos II e VI debidamente cubertos e asinados, sen emendas nin riscadas.

Memoria económica complementaria con desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa.

2

SI427A 2012/000002-0

Asociación de Empresarias e Profesionais de Ourense

G32104663

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

3

SI427A 2012/000005-0

Asociación Promoción Integración Gitana

G27017987

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

4

SI427A 2012/000007-0

Congregación Religiosas Siervas de la Pasión

R0800086A

Anexo II debidamente cuberto e asinado con indicación correcta do programa solicitado.

Anexo III debidamente cuberto e asinado, indicando denominación do programa, tipo de axuda solicitada e importes, e número de beneficiarias, tendo en conta que o total ten que ser coincidente co reflectido no anexo II.

Anexo V debidamente cuberto coincidente con indicado no anexo VI.

Anexo VI debidamente temporalizado.

5

SI427A 2012/000008-0

A. Lucense de Axuda Enfermos Mentais Alume

G27198977

Anexo V debidamente cuberto.

6

SI427A 2012/000010-0

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade

G32115941

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

7

SI427A 2012/000011-0

Asociación de Mulleres ANEL

G32207516

Memoria económica complementaria (programa 1) con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

8

SI427A 2012/000012-0

Federación de Asociacións de Mulleres ANARAL

G32362279

Memoria económica complementaria (programa 1) con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

9

SI427A 2012/000013-0

Asociación de Mulleres Algueirada de Manzaneda

G32354227

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

10

SI427A 2012/000014-0

As. de Loita Contra os Malos Tratos (ALMAT)

G15717721

Anexo VI: orzamento debidamente cuberto e completo.

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación co máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

11

SI427A 2012/000017-0

Fundación Érguete Integración

G36861078

Memoria económica complementaria con desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa e de todos os materiais específicos.

12

SI427A 2012/000018-0

Fundación para o Desenvolvemento da Empregabilidade e a Formación (FUNDEFO)

G15859689

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

13

SI427A 2012/000019-0

Asociación Integro

G15173263

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

14

SI427A 2012/000022-0

Federación de Asociacións Xordos País Galego

G15068091

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

15

SI427A 2012/000024-0

Fundación Down Compostela

G70040258

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

16

SI427A 2012/000028-0

Asoc. Pro Saúde Mental A Creba

G15476310

Anexo III debidamente cuberto en todos os puntos e asinado.

Memoria económica complementaria (programas 1 e 2) con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

17

SI427A 2012/000029-0

Asociación Tempus

G15681000

Requírense todos os documentos relacionados no artigo 5 das bases reguladoras.

19

SI427A 2012/000032-0

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

Anexo VI e VIII (programa 2) debidamente cubertos en todos os puntos, asinados, sen emendas nin riscadas.

Memoria económica complementaria (programa 2) con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

19

SI427A 2012/000035-0

Asociación Labregas

G15945686

Anexo VI debidamente cuberto en todos os puntos.

Memoria económica complementaria (programa 2) con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

20

SI427A 2012/000036-0

Sindicato Labrego Galego-Secretaría das Mulleres

G27023951

Anexo VI debidamente cuberto en todos os puntos.

Memoria económica complementaria (programa 2) con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

21

SI427A 2012/000037-0

Fundación Monte do Gozo Proxecto Home Galicia

G15258213

Anexo II debidamente cuberto e asinado con indicación correcta do programa solicitado.

Anexo VI debidamente cuberto en todos os puntos.

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

22

SI427A 2012/000039-0

Cáritas Interparroquial da Coruña

R1500053B

Anexo VIII debidamente cuberto, codificado e asinado.

Documentación acreditativa de representatividade suficiente (artigo 5.2.e) das bases reguladoras).

23

SI427A 2012/000040-0

Alar Galicia

G15775901

Memoria económica complementaria (programas 1 e 2) con desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzaarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

24

SI427A 2012/000041-0

Aliad-ultreia

G27021120

Anexo V e anexo VI debidamente cubertos en todos os puntos e coincidentes.

25

SI427A 2012/000045-0

Down Vigo

G36697324

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

26

SI427A 2012/000046-0

Asociación Española Contra o Cancro

G28197564

Anexo II debidamente cuberto e asinado con indicación correcta do programa solicitado.

Anexo III debidamente cuberto e asinado.

Documentación acreditativa de representatividade suficiente (artigo 5.2.e) das bases reguladoras).

27

SI427A 2012/000048-0

Asociación de Mujeres Empresarias de la provincia de Lugo) AELU

G27105220

Anexo VI debidamente cuberto en todos os puntos.

28

SI427A 2012/000049-0

Asoc. Axuda ao Toxicómano Érguete

G36642726

Anexo VIII debidamente cuberto, codificado e asinado.

29

SI427A 2012/000050-0

Asociación Ayuda a la Vida Ayuvi

G36802536

Anexo III debidamente cuberto.

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

30

SI427A 2012/000052-0

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

R1500053B

Memoria do programa 1 para 2012.

Memoria económica complementaria (programa 1) con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

31

SI427A 2012/000053-0

Asociación Mirabal

G70312954

Anexo II debidamente cuberto e asinado, sen emendas nin riscadas e lexible.

Anexo III debidamente cuberto en todos os puntos e asinado, sen emendas nen riscadas e lexible.

Anexo VI (programas 1 e 2) debidamente cuberto con correcta imputación de gastos, asinado, sen emendas nen riscadas e lexible.

Anexo VIII.

32

SI427A 2012/000054-0

Asociación Redmadre Coruña

G70180229

Anexos V e VI debidamente cubertos e coincidentes.

33

SI427A 2012/000056-0

Cruz Vermella Española

Q2866001G

Anexo VI debidamente cuberto e asinado con inclusión de todo o gasto correspondente.

34

SI427A 2012/000058-0

ONGD Ecos do Sur

G15354483

Memoria económica complementaria (programa 1) con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

35

SI427A 2012/000059-0

ONG Mestura

G15940414

Memoria económica complementaria (para os dous programas) con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

36

SI427A 2012/000060-0

Fundación Ronsel

G15752660

Anexo II debidamente cuberto e asinado con indicación correcta do programa solicitado.

Anexo III debidamente cuberto e asinado.

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

37

SI427A 2012/000065-0

Cimo, Entidade Prestadora de Servicios

G32010449

Memoria económica complementaria (programa 1) con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

38

SI427A 2012/000066-0

Asociación E-integralia

G32412678

Anexo II debidamente cuberto e asinado con indicación correcta do programa solicitado.

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

39

SI427A 2012/000067-0

Down Ourense

G32311870

Anexo III debidamente cuberto e asinado.

Anexo VI debidamente cuberto e asinado.

40

SI427A 2012/000069-0

Asociación Xarela Formación-Animación

G32261307

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

41

SI427A 2012/000070-0

Asoc. Fibromialxia e Fatiga Crónica-AFFOU

G32303802

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

42

SI427A 2012/000072-0

Asociación Española Contra o Cancro Xunta Provincial de Pontevedra

G28197564

Anexo VI debidamente cuberto e asinado con correcta imputación de gasto.

Documentación acreditativa de representatividade suficiente (artigo 5.2.e) das bases reguladoras).

43

SI427A 2012/000073-0

Down Pontevedra Xuntos

G36164887

Anexo VI debidamente cuberto e asinado con correcta imputación de gasto.

44

SI427A 2012/000074-0

Fundación Amigos de la Barrera

G32321978

Requírense todos os documentos relacionados no artigo 5 das bases reguladoras.

45

SI427A 2012/000077-0

Asoc. de Empresarias Profesionais e Emprendedoras da Comarca de Ferrol Aecofe

G70036488

Anexo VI debidamente cuberto e asinado.

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

46

SI427A 2012/000082-0

Patronato Concepción Arenal

G15030372

Anexo II debidamente cuberto e asinado.

Anexo III debidamente cuberto e asinado.

Anexo VI debidamente cuberto e asinado.

Memoria.

Anexo VII debidamente cuberto e asinado.

47

SI427A 2012/000087-0

Fundación Secretariado Gitano

G83117374

Anexo III debidamente cuberto e asinado (non presentado).

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

48

SI427A 2012/000088-0

HH.TT.FF. Rebaño de María-Obra Social Si a la Vida

R1100013J

Anexo II debidamente cuberto e asinado con indicación correcta do programa solicitado.

49

SI427A 2012/000092-0

Federación de Mulleres Rurais de Ourense FEMURO

G32237869