Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: ret. L.M.T. VAR807A (Carril II).
Situación: Vilagarcía de Arousa.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor tipo R.H.Z. de 58 metros de lonxitude, con orixe no C.T. A Rosa-O Carril e final na L.M.T.S. que alimenta o C.T. edificio A Rosa. A instalación está situada na zona dos Ánxeles, O Carril, Vilagarcía de Arousa.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 22 de maio de 2012
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra