Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2012/125-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T.S. cambio sección BAL 720.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV con condutor tipo R.H.Z.1 de 214 metros de lonxitude, con orixe no C.T. Atlántida 2 (36S823) punto A, e final no empalme proxectado no punto D; a instalación está diferenciada en dúas actuacións: tramo A-B 148 metros e tramo C-D 66 metros e está situada na avda. Atlántida e rúa Paulino Freire, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 22 de maio de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra