Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2012/42).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento L.M.T., CC.TT. en polígono de Formarís.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Recuamento do centro de transformación Granxa Deca (expediente 30.111) e Sogama (expediente IN407A 2006/035) afectados pola construción do novo polígono da Sionlla-Formarís, consistente en:

Liña de media tensión aérea, derivación a CC.TT. Opel e BMW, en polígono de Costa Vella, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,128 km, con orixe en apoio metálico tipo C-18/3000 que substitúe o nº 4 existente da L.M.T.A. a C.T. Granxa Deca (expediente 30.111), con condutor tipo LA-56/54,6 mm² Al, e final en apoio metálico nº 6 tipo C-14/1000, en substitución do existente 2º da derivada a C.T. Opel e BMW, polígono de Costa Vella.

Liña de media tensión aérea, a C.T. rúa da Carballa, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,042 km, con orixe en apoio metálico nº 6 tipo C-14/1000, que substitúe a existente da L.M.T.A. derivada a C.T. Opel e BMW polígono Costa Vella, con condutor tipo LA-56/54,6 mm² Al, e final en apoio de formigón tipo HV 11/1000 proxectado.

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a C.T. rúa da Carballa, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,181 km, con condutor tipo R.H.Z.1 12/20 kV 3(1x150) mm² Al, con orixe en paso aero-subterráneo no citado apoio proxectado de formigón HV 11/1000 da L.M.T.A. a C.T. rúa da Carballa, e final no C.T. rúa da Carballa proxectado.

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a C.T. Formarís-Sogama, a 20 kV, cunha lonxitude de 1,282 km, con condutor tipo R.H.Z.1 12/20 kV 3(1x240) mm² Al, con orixe no C.T. Tras da Finsa (expediente IN407A 2000/355), e final no C.T. Formarís-Sogama proxectado, sendo en canalización existente da L.M.T.S., CC.TT. polígono industrial A Sionlla-Formarís (expediente IN407A 2011/228) no tramo entre os puntos 9 e 22, e da L.M.T., C.T., R.B.T. Tras da Finsa-A Sionlla (expediente IN407A 2000/355) no tramo entre o punto 24 a C.T. Tras da Finsa.

Centro de transformación (C.T.) prefabricado rúa da Carballa, tipo 2L+1P, cunha potencia de 160 kVA e relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV, en substitución do actual C.T. Granxa Deca.

Centro de transformación (C.T.) prefabricado Formarís-Sogama, tipo 2L+1P, cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 26 de abril de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña