Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22625

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, aprobación do proxecto de execución, proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da instalación eléctrica e estudo ambiental das instalacións referidas ao Parque Eólico Carballa (concello da Lama, provincia de Pontevedra) (expediente IN661A 2011/17-4).

En cumprimento do disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia; no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia; sobre autorización de instalacións eléctricas, sométense a información pública, por solicitude da empresa Energías de Rande, S.L., as instalacións que a continuación se describen:

Título: Parque Eólico Carballa.

Solicitante: Energías de Rande, S.L.

Domicilio social: rúa Beiramar nº 23, 36202 Vigo.

Municipios afectados: A Lama.

Superficie afectada: 249,25 ha.

Localización (coordenadas UTM):

Coordenadas da poligonal:

X-UTM

Y-UTM

549.000

4.692.000

550.600

4.692.000

550.600

4.690.950

550.350

4.690.900

549.600

4.690.350

549.300

4.689.900

549.000

4.689.900

As coordenadas dos aeroxeradores son:

X-UTM

Y-UTM

550.185

4.691.769

550.350

4.691.319

549.495

4.691.042

549.661

4.690.769

Características técnicas do parque eólico:

• 4 aeroxeradores, cunha potencia nominal unitaria de 3.000 kW.

• Potencia total instalada: 12 MW.

• Produción neta anual estimada: 41.111,80 MWh/ano.

• Orzamento total: 13.317.249,54 euros.

Características técnicas da infraestrutura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

• 4 transformadores de 3.500 kVA instalados no interior do aeroxerador cunha relación de transformación 0,40/30 kV.

• Rede subterránea de interconexión entre as máquinas existentes, a 30 kV.

• Subestación de manobra.

Obxecto da información pública:

• Estudo ambiental.

• Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

• Autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

A relación concreta e individualizada dos propietarios, bens e dereitos afectados figura no anexo que se insire con esta resolución.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares de dereitos afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación do anexo que se insire con esta resolución, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examinar o proxecto e presentar as alegacións que consideren oportunas ó mesmo, nesta xefatura territorial, sita na avda. Fernández Ladreda nº 43 de Pontevedra (36003), no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación desta resolución ou notificación individual.

O prazo de información pública para o proxecto sectorial é de 30 días contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O proxecto sectorial poderase examinar nesta xefatura territorial e no Concello da Lama.

Así mesmo, o estudo ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico poderase examinar nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Pontevedra, Concello da Lama, e nesta Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, e poderán presentarse ante ela cantas alegacións se consideren dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior.

Rematado este prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitirase á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Esta publicación faise igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar.

Pontevedra, 30 de marzo de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Afeccións de bens e dereitos afectados P. Eólico Carballa

Superficie en m2

Datos catastrais

Titular

Pleno dominio

Servidume de paso

Servidume de voo

P. eólica

Nº predio

Nº polígono

Nº predio catastro

Concello

Terreo

Lugar

Nome

Enderezo

Cimentación

Plataforma

Subestación

Vías

Gabia

Voo

1

7

871

A Lama

Monte A Lama

Uso agrario

Descoñecido

Descoñecido

1.924

4.564

5.925

388

11.393

60.868

2

7

900

A Lama

Monte A Lama

Uso agrario

Descoñecido

Descoñecido

2.801

3

7

902

A Lama

Monte A Lama

Uso agrario

Descoñecido

Descoñecido

1.924

4.003

24.874

10.109

63.377