Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Teo (expediente IN407A 74/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T. Eio dos Menecos.

Situación: concello de Teo.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,655 km, con condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1x240) Al, con orixe no apoio tipo HV 15/630 que se intercalará na L.M.T.A. existente entre derivada a C.T. Ribas (expediente 51.284) e derivada a C.T. Agoso, 15 (expediente IN407A 2003/126) e final no C.T. Eio dos Menecos proxectado.

Centro de transformación (C.T.) prefabricado, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 0,045 km, con condutor tipo XZ1 0.6/1 kV 4x240 Al e XZ1 0,6/1 kV 2x50 Al, con orixe no C.T. Eio dos Menecos proxectado e no apoio nº 25.

Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 0,190 km, con condutor tipo RZ 0,6/1 kV 3x95 Al e RZ 0,6/1 kV 3x25 Al, sobre apoios de formigón coa orixe na rede de baixa tensión subterránea proxectada e final na rede aérea existente, no concello de Teo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071-A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 10 de maio de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña