Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Agolada (expediente IN407A 2012/110-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Hidroeléctrica do Arnego, S.L.

Domicilio social: rúa Maior, nº 12, 36520 Agolada.

Denominación: L.M.T.S. do C.T. Fonte de Cántaras ao C.T. estrada Melide.

Situación: Agolada.

Características técnicas: L.M.T.S. subterránea a 20 kV con condutor R.H.Z. de 860 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación Fonte de Cántaras-Ibaser e final no centro de transformación estrada Melide. A instalación está situada na estrada de Melide, Agolada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; edificio administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43-5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 7 de maio de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra