Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22640

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Abegondo (expediente IN407A 133/2009).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo I e anexo II de alimentación M.T. O Monte, s/n, Mabegondo.

Situación: concello de Abegondo.

Características técnicas:

Substitución do centro de transformación (C.T.) en caseta de obra civil existente San Tirso (expediente 5.887) por un centro de transformación prefabricado de tipo 2L+1P, de potencia de 250 kVA, e relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV.

Centro de seccionamento prefabricado uniblock Invest. Agraria, con seis celas de liña, situado no Souto Grande-Mabegondo, no concello de Abegondo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 14 de maio de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña