Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22593

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 1 de xuño de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas, convocado pola Orde do 27 de xullo de 2011 (DOG número 144, do 28 de xullo), adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. De acordo co establecido na base II.1.1.4 da orde da convocatoria, convócase a Virginia Hernández Díaz (NIF 70809319R), que non acreditou en prazo posuír o Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG número 146, do 30 de xullo), para a realización do cuarto exercicio da fase de oposición que terá lugar na sala de xuntas de Augas de Galicia, sita na praza de Camilo Díaz Baliño, nº 7-9, en Santiago de Compostela, o día 13 de xuño de 2012, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

A aspirante deberá ir provista de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, e bolígrafo azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realizará o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento do que se poidan valer os aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2012

Roberto Arias Sánchez
Presidente do tribunal