Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22594

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 23 de maio de 2012 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde.

Convocado, pola Orde do 9 de xaneiro de 2012 (DOG nº 22, do 1 de febreiro), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 da mesma lei, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 9 de xaneiro de 2012 (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ao funcionario que se relaciona no anexo a esta orde.

Terceiro. O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. De non estimar a interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2012

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Apelidos e nome: Díaz López, Manuel.

N.R.P.: 3383056013 A2060.

Grupo: A.

Nivel: 30.

Posto de traballo: Servizo de Análise e Organización de Postos.

Dependencia: Dirección Recursos Humanos.

Localidade: Santiago de Compostela.