Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2012 Páx. 22397

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1189/2011).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1189/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Castro Mouriño contra a empresa Vázquez y Vidal Construcciones, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza o 11 de maio de 2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda formulada por Francisco Javier Castro Mouriño, con DNI 79328723-K, contra a empresa Vázquez y Vidal Construcciones, S.L., e cualifico como improcedente o despedimento do 14.10.2011 e, ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral do actor coa empresa demandada, con efectos de data de hoxe, día 11.5.2012, e condeno a devandita empresa a estar e pasar por tal declaración e a que aboe ao traballador as seguintes cantidades:

Indemnización

Salarios de trámite 15.10.2011/11.5.2012

12.254,4 € (258,75 días* 47,36 €)

9.898,24 €

Notifíquese a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditalo mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado aberta en Banesto, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, en que se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptivos para impugnar, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Vázquez y Vidal Construcciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de maio de 2012

A secretaria xudicial